APP gratuito para o iPad e o iPhone do comic PILLADA POR TI

Pillada por ti, é o título do cómic editado polo Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, a través da Delegación do Goberno para a sensibilización contra a Violencia de Xénero. A autoría do cómic corresponde ao  magnífico tandem creativo de Cristina Durán e  Miguel A. Giner que contaron co asesoramento de Carmen Castro sobre cómo abordar a problemática da violencia de xénero coa  finalidade de preveer a súa aparición entre as persoas máis novas na sociedade. O  guión de é orixinal de Miguel Ángel Giner Bou e as ilustracións son froito de Cristina Durán Costell

Ao longo das páxinas nárrase a historia de  “mozas  que se quedan pilladas polos mozos”, como apunta no prólogo o  delegado para a Violencia de Xénero, Miguel Lorente. “Unha historia que é verdade. As e os protagonistas podemos atópalos en calquer parte, na rúa, no instituto… Xente coñecida, rapaces que ao principio son moi simpáticos, pero que logo creen que a moza coa que están lles pertence e poden facer con ela o que lles plazca. Persoas que deixan de ser simpáticas para voltarse violentas”

No  2011,  distribuíronse  gratuitamente 20.000 exemplares en centros educativos de todo o Estado. E agora,  saliu un   APP gratuito para o  iPad e  o  iPhone , desenvolto  por ITBOOK. O   APP contén versións   en castelán, catalán, galego, euskera, inglés e  francés.

A versión en galego podedes vela e descargala premendo AQUI

Publicado en NOVAS | Etiquetado | Deixar un comentario

O PROXIMO 22 DE FEBREIRO COMEZA O MUFEST.

A asociación Andaina Mulleres organiza a terceira edición do MUFEST (Festival de Cine feito por Mulleres, que se celebrará nas datas do 22 ao 26 de febreiro de 2012, a partir das 19.30h no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) na cidade de Santiago de Compostela.

O MUFEST é un festival audiovisual que promove o crecemento cultural e artístico e o impulso das futuras directoras, produtoras e guionistas, onde teñen cabida curtametraxes de animación, de ficción e documentais. Apoia a creación de novas obras audiovisuais que amosen novas perspectivas, tanto sociais como culturais, fomentando a diversidade e a visibilidade.

No certame exhibiránse 16 obras, das que 13 participan na competición. A periodista Ana Caterina Pereira, especialista en teorías feministas aplicadas ao cine portugués, abrirá o certame, que proxectará esa mesma xornada o corto inglés “SIS”, de Deborah Haywood, coa presenza da directora. Outras obras presentes serán “Talking Heads (Muslim Women)”, de Fathima Nizaruddin, sobre a imaxe que os medios de comunicación desprenden das mulleres musulmanas, e  “Digna rabia”, de María Victoria Martins e Ángel Rodríguez Gallardo, onde se amosa, desde unha perspectiva feminista, o que foi o franquismo en Galicia.

As obras que competirán son :

  • “Madres 0,15 el minuto”, de Marina Seresesky;
  • “Aurelia”, de Milena Martínez;
  • “Following Kettly”, de Alicia Van Assche;
  • “Los amores difíciles”, de Lucina Gil;
  • “Sólo sé que no sé nada”, de Olatz Arroyo;
  • “El porvenir”, de Laudena Brostok;
  • “The Red Virgin”, de Sheyla Pie;
  • “Entrevista”, de Angela Armero;
  • “Nuestro pan”, de Emma Sánchez;
  • “Fábrica de muñecas”, de Ainhoa Menéndez;
  • “Algo queda”, de Ana Lorenz;
  • “Una flor en recepción”, de Marta Parreño,
  • “Conversa cunha muller morta”, de Sonia Méndez.

Un xurado formado por mulleres relacionadas co  mundo audiovisual, artístico ou feminista, outorgará os premios ás mellores obras de animación, de ficción e  documental, dotados con 1.000 euros, e  unha mención á mellor  obra orixinal en galego.

ENTRADA DE BALDE

Publicado en NOVAS | Etiquetado | Deixar un comentario

DESEXO DE MULLER NO DÍA DE SAN VALENTIN

O día de San Valentín celebra o amor desde hai moito tempo entre homes e mulleres, e no mundo rico esta data vai acompañada de notas de agarimo ademais de agasallos consumistas. Pero o verdadeiro agasallo que quererían moitas mulleres é o da asistencia á súa saúde reprodutiva e igualdade de dereitos e obrigacións entre ambos os xéneros.

Cando as mulleres son libres de tomar as súas propias decisións para garantir a súa propia saúde e a das súas familias, unha sociedade empeza a progresar.

Dous terzos da poboación mundial verán como miles de adolescentes sufrirán mutilaciones nos seus xenitais, ademais de ser vendidas como obxectos sexuais sendo nenas, até terminar mortas en embarazos prematuros, abortos inseguros e outras enfermidades relacionadas coa súa saúde reprodutiva. Os esforzos para reforzar a equidade de xénero segue sendo un dos principais retos, algo que non podemos esquecer no día de San Valentín.

O 14 de febreiro, ademais de ser unha data referente pola celebración de San Valentín, a Unión Europea celebra o Día Europeo da Saúde Sexual.  

Para a Organización  Mundial da Sáude ( OMS) a saúde sexual é un estado de benestar físico, emocional, mental e social relacionado coa sexualidade. Non é só a ausencia de enfermidade  ou de disfunción, a saúde sexual require un achegamento positivo e respetuoso cara á sexualidade e as relación sexuais, así como a posbilidade de obtér pracer e experiencias sexuais seguras, libres de coerción, discriminación e violencia.  Para lograr a saúde sexual e manter os dereitos sexuais de todas as persoas, estos dereitos deben ser respetados, protexidos e cumpridos.

 

 

Publicado en DIA MUNDIAL | Etiquetado , | Deixar un comentario

Quen lle dá a volta á tortilla?, un proxecto para reflexionar sobre roles de xénero nas coleccións de arte dos museos.

Os museos da Rede Museística dependente da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo foron seleccionados en representación de Galicia para participar no proxecto Quen lle dá a volta á tortilla. Homes, mulleres, xénero e roles nas coleccións de tres museos provinciais, unha iniciativa na que participan o Museo de Bellas Artes de Murcia (MuBAM) e o Museo de León.

Neste proxecto, xestionado polo colectivo Medusa Mediación e subvencionado polo Ministerio de Cultura, interveñen como representantes dos respectivos museos Luís Grau (director do Museo de León), Juan Sandoval (director do Museo de Murcia) e Encarna Lago (xerente da Rede Museística de Lugo). Convócanse obradoiros e prepárase unha exposición itinerante coas creacións dos asistentes e d@s artistas invitad@s, entre eles @s galeg@s Noa Persán, Paula Cabaleiro e Iago Eireos.

Quen lle dá a volta á tortilla? Homes, mulleres, xénero e roles nas coleccións de tres museos provinciais concíbese como unha oportunidade para seguir reformulándonos as relacións entre mulleres e homes e a nosa propia forma de estar e ser no mundo, intentando “darlles a volta” a tantos e tantos prexuízos e estereotipos que aínda nos embelecan, coartan e limitan.

A proposta que fai a Rede Museística da Deputación de Lugo a este proxecto invita a analizar a representación que se fixo tradicionalmente do que se considera ser home e ser muller. Para iso partirase de 20 obras da colección permanente e crearase un grupo formado por persoas interesadas que analizará e reflexionará sobre os modelos que transmiten esas imaxes para tratar de responder a preguntas como: Segue estando vixente o modelo de muller galega como os que representa o pintor Sotomayor? Que diferenzas vemos entre o modelo de home que a artista J. Minguillón representa ao retratar ao seu pai e os homes/pais que vemos hoxe en día? Ou, ten algunha relación a serie de televisión Sexo en Nova York cos retratos que realiza Maruja Mallo das súas contemporáneas burguesas na primeira etapa da súa carreira?

Sobre este tipo de preguntas reflexionarase nos obradoiros, a través de xogos e dinámicas que farán gozar, nun ambiente distendido, da experiencia colectiva de pensar no feminino e o masculino, e nas relacións que se establecen entrambos.

A proposta desde a Rede de museos da Deputación de Lugo entronca con estas iniciativas e coas que leva promovendo desde hai anos ao redor de temas de xénero, de accesibilidade aos museos e á arte como ferramenta de interacción social. As obras de arte, máis alá da súa aparencia formal, conteñen unha carga ideolóxica que se asenta no pensamento grazas á cultura de masas. Trátase, xa que logo, de achegarse a elas doutro xeito para repensar que queren contar e como eses discursos se prolongan no tempo ata a actualidade.

Mais info premendo AQUI

Desfrutade dos museos, e tamén do frío: Cold Cold Heart, Aretha Franklin

Publicado en NOVAS | Etiquetado | Deixar un comentario

OBRADOIROS ENREDADAS 2.0

Dentro do programa de traballo 2012 do Centro municipal de información á muller (CIM), a Concellaría de Igualdade organiza os primeiros obradoiros Enredadas 2.0, cursos básicos de iniciación ao uso de internet, correo electrónico e redes sociais.

A actividade ten como obxectivo o de facilitar e incrementar o uso das TICs no colectivo de mulleres, ao mesmo tempo que fomentar a súa visibilidade en internet grazas ao uso de ferramentas 2.0. Deste xeito preténdese contribuír a diminuír a brecha dixital entre mulleres e homes, proporcionándolles a elas uns coñecementos básicos.

As destinatarias da iniciativa son mulleres, maiores de 25 anos, empadroadas en Culleredo, en situación de desemprego, e con mínimos coñecementos de informática.

A organización dos obradoiros  desenvolverase do seguinte xeito:

Obradoiro 1: Xornada de mañá
Lugar: Aula de informática do Centro de servizos sociais de Vilaboa, edificio Mirador
Nº prazas: 10
Datas e horario: 6, 8 e 13 de febreiro en horario de 11:30 a 13:00 horas

Obradoiro 2: Xornada de tarde
Lugar: Aula de informática do Centro de servizos sociais de Vilaboa, edificio Mirador
Nº prazas: 10
Datas e horario: 7, 9 e 14 de febreiro en horario de 17:30 a 19:00 horas

As clases serán impartidas polo docente Juan Montull, especialista en formación no ámbito das TICs, e terán un carácter gratuíto. As inscricións faranse no Centro de información á muller (CIM), na Costa da Lonxa nº 7 en O Burgo, e a información facilitarase no teléfono 981 663 922.

Publicado en EVENTOS, NOVAS | Etiquetado | Deixar un comentario

17 rosas e un libro

Os arqueólogos comezaron  a exhumación dos restos das mulleres coñecidas como “17 rosas” de Guillena (Sevilla), que foron fusiladas no cemiterio da localidade veciña de Gerena hai pouco máis de 74 anos por ser familiares de milicianos republicanos.

O arqueólogo Juan Luís Castro precisou que, xunto aos seus compañeiros da cooperativa Arqueocativa, traballan de forma altruísta, pola falta de financiamento público para culminar a exhumación e precisou que nun mes prevese ter concluído “este episodio que tanto dor e tristeza provocou en tanta xente”.

Os restos das 17 mulleres que se esperan localizar son Eulogia Alanís García, Ana María Fernández Ventura, Antonia Ferrer Moreno, Selecta Garzón da Hera, Selecta Fidalgo Garzón, Natividad León Hidalgo, a súa irmá Rosario, Manuela Liánez González, TrinidadLópez Cabeza, Ramona Manchón Merino e Manuela Méndez Jiménez.

Tamén se prevén atopar os restos de Ramona Navarro Ibáñez, Dolores Palacios García, Josefa Peiteado López, da súa irmá Tomasa, Ramona Puntas Lorenzo e Manuela Sánchez Gandullo.

Achegámosvos tamén unha novidade editorial para afondar nesta temática

Mulleres na guerrilla antifranquista galega, é o retrato máis completo das que combateron a ditadura no monte ou apoiaron co refuxio, víveres  ou armas aos clandestinos. Publicouse a finais do 2011 pola catedrática de didáctica da linguaxe e literatura galega, Aurora Marco, que ao longo de cinco anos estivo seguindo o rastro de 200 guerrilleiras galegas en arquivos, rexistros civís e casas particulares. Moitas delas faleceran, a outras se lles perderá a pista por completo e nos partes de guerra nin siquera aparece co seu nome completo e non era raro  que a información biográfica de rigor se lle ngaderan notas como “ a querida de” “ a amancebada con” .

Coa represión, que se xeneralizou co vitoria dos sublevados en 1939, centos de mulleres comprometidas coa guerrilla antifranquista foron asasinadas, encarceradas, torturadas, violadas, recluídas en campos de concentración; tiveron que partir cara o exilio nunha viaxe, para algunhas, sen volta ou viviron un exilio interior: A súa é a crónica das silenciadas, porque foron obxecto dunha dupla falta de memoria: por seren desafectadas ao novo réxime e pola súa condición feminina .

Froito da mesma investigación de Marco é o documental  Silenciadas, dirixido por Pablo Ces,  que acaba de ser recoñecido  cun premio no Festival Internacional de Cine de Dereitos Humáns de Santa Coloma de Gramenet.

Publicado en NOVAS, OCIO | Etiquetado , , | Deixar un comentario

A MÚSICA E AS MULLERES: ETTA JAMES

Foise unha grande artista.  Ao longo da súa vida, Etta James gañou seis premios Grammy, o seu nome entrou no Rock and Roll Hall of Fame e publicou case unha vintena de discos de estudo, o último deles, The Dreamer en 2011.

Referencia indiscutible de artistas actuais como Beyoncé ou Adele, mito para os amantes do jazz, Etta James, que mesturou R&B con pop, soul, jazz ou blues tardou décadas en ser recoñecida pola industria como a voz que foi e como demostran temas como este que vos achegamos, como pequena mostra e para que sigades a investigar. At Last.

E seguindo coa música, Magistralia convocou  IV edición do concurso internacional de creación musical para mulleres compositoras.

Esta actividade, de carácter bienal, ten como obxectivo visibilizar o traballo das mulleres na música. Da mesma forma preténdese fomentar a programación de repertorio contemporáneo e realizado por mulleres, nas orquestas españolas. Máis de cen obras de compositoras dos cinco continentes concurren a este concurso internacional.

A primeira edición deste certame celebrouse no 2006, onde se contou con representación dos catro continentes- agás África.,sendo a galardoada a italiana Alessandra Bellino con “Le gabie di Danae”. Seguiu a xoven china Zhang Quing con  ‘Poems orchid pavillion’, e, xa na  última edición, a canadiense-tajikistana Farangis Narulla-Khoja con ‘Parparón’.

O xurado do certamen está formado por prestisioxas mulleres tanto compositoras como instrumentistas, musicólogas e directoras. Como media cada edición ten que avaliar e elixir entre unhas cen obras.

Un aspecto moi importante  deste concurso é que forza o  estreo das obras gañadoras, que é un paso decisivo para as compositoras.  Este concurso ten o apoio de WIMUST -Women in music uniting strategies fir talent-, proxecto trienal promovido pola fundación internacional Donne in música, e no Estado Español conta coa  colaboración da Asociación Euterpe-Música e  Mujeres e a Asociación Mulleres  na Música.

Podedes ver as bases do certame aquí.

Publicado en NOVAS | Etiquetado | Deixar un comentario