TELÉFONO DA MULLER

O Telefono da Muller  é un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, desde calquera teléfono fixo ou móbil, e que ten cobertura para toda a Comunidade Autónoma.

Contra os que pensaron que era un servizo pouco valorado  pola sociedade ou mesmo infrautilizado pola poboación, podemos ofrecervos os datos do primeiro semestre do ano. Un total de 2.086 persoas utilizaron o Teléfono de Información á Muller, operativo en 51 idiomas, para facilitar asesoría sobre cuestións xurídicas, psicolóxicas, laborais e de calquera outro tipo que contribúan á igualdade das mulleres. Do conxunto de chamadas recibidas, 226 estaban relacionadas coa violencia de xénero.

Por provincias, A Coruña encabeza as consultas cun total de 1.022, seguida de Pontevedra con 755, Lugo con 201 e Ourense con 102, completándose a demanda de información con outras 6 chamadas de fóra de Galicia.

As mulleres son as principais usuarias deste servizo, realizando 1.942 do total de consultas rexistradas nos seis primeiros meses de 2011. Na maioría das ocasións, foron as propias persoas interesadas as que efectuaron a chamada, en 1.851 casos, mentres que 138 foron realizadas por familiares ou amizades e o resto de consultas procederon de profesionais, entidades e outros.

Por tramos de idade, o de maior demanda está na poboación de 45 a 65 anos, que concentra máis do 54% das chamadas. O tipo de información máis solicitada está relacionado coa atención psicolóxica, cun total de 959 chamadas, en moitos dos casos a propia muller é consciente da necesidade de atención especializada, pero no 6% das ocasións foron os profesionais do servizo os que identificaron a situación emocional da usuaria como tributaria de atención psicolóxica. A información sobre os recursos existentes constitúe a segunda gran área de consultas, con 389 chamadas, interesadas, por esta orde, nos servizos sociais e de saúde e nas asociacións que traballan neste ámbito. A área xurídica é a terceira en número de consultas, con 270, relacionadas co dereito de familia, o dereito penal e laboral, así como co acceso á xustiza gratuíta.

Estas entrada foi publicada en RECURSOS coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s