SERVIZO DE TELETRADUCIÓN

O CIM de Culleredo, e a Vivenda Tutelada do concello,  van  incorporar  en breve un servizo de teletradución a 50 idiomas, o que supón un avance cualitativo en resposta á diversidade poboacional motivada polo aumento da inmigración.

O obxectivo desta iniciativa é mellorar a atención ás mulleres extranxeiras e minimizar o estrés producido na comunicación verbal pola barreira idiomática.

A teletradución está pensada para dar apoio a unha parte da poboación que ten dificultades engadidas para acceder aos recursos existentes, formada polas mulleres inmigrantes residentes en Galicia. A través desta plataforma de teletradución, estas mulleres terán a seguridade dun acceso axeitado á información e ós recursos dispoñibles, sobre atención psicolóxica, prestacións económicas, centros de acollida ou asesoramento xurídico.

O sistema permite ás usuarias comunicarse telefónicamente cunha intérprete, desde calquera centro no que se atope, ben sexa un CIM, unha casa de acollida ou calquera entidade adherida; así como o establecemento de chamada a tres, para que interactúen a usuaria, a persoa profesional da entidade e a intérprete.

Estas entrada foi publicada en NOVAS, RECURSOS coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s