WANGARI MAATHAI

A keniata Wangari Maathai, que mereceu en 2004 o Premio Nobel da Paz pola súa contribución á democracia e á paz a través de sus plans de desenvolvemento sostible, así como á loita pola plena integración das mulleres na sociedade, morreu o pasado día 25 en Nairobi.

Maathai era diputada e ministra de Medio Ambiente e Recursos Naturais do Goberno de Kenia. En 2005 foi nomeada presidenta do Consello Económico, Social e Cultural da Unión Africana (UA). Asemade, foi unha das primeiras mulleres de África occidental cunha cátedra universitaria, cun doutoramento en Bioloxía.

Coñecida popularmente como “muller árbore” pola campaña de plantación de máis de 30 millóns de arbores por todo o país, foi fundadora do  Movemento Cinturón Verde en 1977.

Maathai resistiu o anterior réxime opresivo de Kenia. As súas formas de actuar únicas contribuíron a prestar atención á opresión política, nacional e internacionalmente. Foi pozo de inspiración para moitos na loita polos dereitos democráticos e especialmente alentou ás mulleres a mellorar a súa situación.

Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s