TRALAS LUCES

Un mundo en perigo de extinción e un oficio en decadencia: Os feirantes. Homes e mulleres nunha viaxe física e emocional, que viven en dous mundos: por un lado o da balbordenta feira e os seus sons, músicas e luces de cores, e polo outro o mundo que se agocha detrás das luces dese decorado. Aí oculta está a itinerancia e o desarraigo, a vida permanente na periferia.

A realizadora coruñesa, Sandra Sánchez, atópase estes días  presentando o seu documental Tralas Luces, único filme dirixido por unha muller española que participou no festival de cinema de Donosti.

Sandra Sánchez verque a súa ollada nesta longametraxe sobre unha muller que ela mesma califica,  “loitadora, especial e de gran lucidez.” É a historia de Lourdes, unha muller feirante que percorre o norte do Estado español a carón da súa familia levando de festa en festa unha pista de coches de choque.

A realizadora confesa que ao longo da realización de Tralas Luces naceu unha relación “de complicidade con Lourdes que me fixo entender que debía contar e dar voz á historia desta muller”. Califica a experiencia como “enriquecedora pois permitiume ver o mundo a través dos ollos de outras persoas sen xulgar, a ollar outras realidades e comprendelas”.

A longametraxe estréase este venres, 30 de setembro, nas sás de cinema.

Estas entrada foi publicada en OCIO coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s