Dende o CIM de Culleredo, ademais do servizo de asesoramento xurídico persoal, sumámonos ó servizo on-line para proporcionar, de maneira gratuíta, información e asesoramento xurídico sobre diversas cuestións, entre elas a violencia de xénero, agresións e abusos sexuais, o acoso sexual, a conciliación familiar, discriminacións por razón de sexo, prostitución e trata, etc.
Cumprimentando un formulario como o que vos amosamos, as persoas que o desexen, poderán obter información e asesoramento xurídico gratuíto por parte de profesionais especializados nas materias de consulta.
Preme AQUI para acceder o recurso e enviar a túa consulta