PREMIO NOBEL DA PAZ 2011

Subscribiríao calquera feminista, pero dicíao  o presidente do comité do premio Nobel da Paz, Thorbjoern Jagland: “Non podemos lograr a democracia e unha paz duradeira no mundo a menos que as mulleres obteñan as mesmas oportunidades que os homes para influír no desenvolvemento da sociedade en todos os niveis”.

O galardón acaba de distinguir a tres mulleres: a presidenta de Liberia e primeira de África, Ellen Johnson-Sirleaf, que se fixo cargo dun país arruinado pola guerra; a activista dese mesmo país Leymah Gbowee, organizadora dunha folga de sexo contra a contenda civil, e a iemení Tawakkul Karman, loitadora pola democracia e unha das protagonistas da primavera árabe.


Con elas, os Nobel atenúan o seu peso masculino: dos 909 galardoados desde 1901 en todas as categorías, 44 están en mans de mulleres, menos do 5%. O da Paz é o máis feminizado: 15 premiadas.

Unha boa nova para os que defenden que o século XXI debe ser o século das mulleres, a centuria na que, por fin, elas e eles gocen dunha igualdade real en todos os aspectos e ámbitos, desde os consellos de administración até o camiñar soas de noite sen risco. Desde o poder político ao económico pasando polo dereito a decidir o seu destino. Esa igualdade, ese empoderamiento das mulleres, é algo polo que tamén loitou a que até agora era a última gañadora do Nobel da Paz, a kenyana Wangari Maathai,  falecida o mes pasado.

Un obxectivo aínda afastado e ao que o comité do Nobel noruegués móstrase sensible. Noticias como esta non cambian o día a día, pero contribúen a impulsar o gran cambio: que elas conten tanto como eles nun camiño que non admite marcha atrás. Demostrárono as mulleres árabes que tamén saíron á rúa a defender os cambios, aínda que a cotío tivesen que sufrer unha represión extra, como o test de virxinidade. Demostrárono tamén as mulleres de Serra Leona ou de Ruanda, que refán os seus países tras o arrase bélico.

Pasiño a pasiño.

Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s