15 outubro, Día Mundial da Muller Rural

Co gallo do Día Mundial da Muller Rural, achegámosvos a Lei de Titularidade Compartida das Explotacións Agrarias, un texto que pretende favorecer a igualdade efectiva de xénero no medio rural a través do recoñecemento xurídico e económico da participación na actividade agraria. Trátase dunha lei que responde a unha demanda histórica tanto dos colectivos de mulleres rurais coma dos sindicatos agrarios que logo de décadas de traballo intenso ven como as mulleres que traballan no campo poden reclamar legalmente novos dereitos.

Este texto legal resolve unha desigualdade histórica e por fin, logo de moitos anos, as mulleres que levan décadas traballando nas explotacións familiares terán dereitos e aparecerán nos papeis.

Na actualidade máis dun tercio das persoas que traballan nas explotacións agrarias familiares son mulleres pero no 71,19 por cento dos casos a titularidade figura a nome dos homes, aparecendo as mulleres na categoría de “axuda familiar”.

A aparición da titularidade compartida significa deixar de lado o concepto de “axuda familiar” e recoñecer de xeito pleno o traballo e a responsabilidade de xestión de cónxuxes e parellas de feito da persoa titular, ofrecéndolles a posibilidade de ser copartícipes do traballo feito e máis da xestión así como dos beneficios na cotización á Seguridade Social ás persoas que ostentan dita cotitularidade.

A Lei ofrece entre outros beneficios a posibilidade de que a administración, representación e responsabilidade da explotación poida ser exercida por ambas  as persoas   titulares. Por outra banda todo cónxuxe menor de 50 anos que se constitúa como titular dunha explotación  agraria con titularidade compartida, terá  dereito a unha redución do 30% na cota  á Seguridade Social durante 5 anos.   Todas as subvencións, axudas directas e axudas de Desenvolvemento Rural corresponderán a medias iguais a ambos os titulares e ambos serán beneficiarios directos das axudas correspondentes ao pago único da PAC, tendo as persoas cotitulares dereito preferente sobre as actividades de formación e asesoramento en materia de agricultura.

CONSTITUCIÖN DA TITULARIDADE COMPARTIDA

Para que a titularidade compartida produza estes efectos xurídicos, será precisa a súa inscrición previa no Rexistro de Titularidade Compartida que estableza cada Comunidade Autónoma. Logo será esta quen comunique ao Ministerio de Medio Ambiente e medio Rural e Mariño aqueles rexistros que se vaian producindo. A lei tamén establece que toda titularidade compartida deberá ter un NIF que lles asignará a Axencia Tributaria correspondente.

En canto aos requisitos, as persoas que queiran acceder á titularidade compartida deberán estar dadas de alta na Seguridade Social; exercer a actividade agraria e traballar na mesma de modo directo e persoal tal e como está definido na Lei 19/1995, de 4 de xullo e residir no ámbito territorial rural en que radique a explotación

O novo marco legal aprobado tamén contempla outras opcións á titularidade compartida, así,  para aquelas parellas que desexen crear unha figura societaria, recóllese a posibilidade de constitución de sociedades de responsabilidade limitada das previstas no artigo 5. 2 do Real Decreto-Lei 13/2010, de 3 de decembro. Estas sociedades son as máis rápidas de constituír e a menor custo.Para iso o Ministerio de Xustiza facilitará uns Estatutos tipo que simplifiquen aínda máis a súa constitución.

O réxime de titularidade compartida que se establece na lei non é de aplicación, con todo,  a estas sociedades de responsabilidade limitada.

Cando as persoas que colaboran activamente na explotación agraria non reciban pago ou  contraprestación algunha terán dereito a unha  compensación económica tras acreditar a súa  colaboración efectiva na explotación. Dita colaboración considerarase automaticamente no caso de matrimonios cuxo réxime económico sexa o de gananciales.

O cálculo da devandita compensación farase en base ao valor real da explotación agraria, o  tempo  efectivo e real de colaboración na actividade  agraria e a valoración da  actividade no mercado.

Estas entrada foi publicada en DIA MUNDIAL coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s