I concurso de postais pola Igualdade e a non violencia

Hoxe pechamos o prazo de presentación de postais pola igualdade e a non violencia dirixido aos centros educativos públicos do concello de Culleredo que imparten educación primaria.

A Concellaría de Igualdade convocou este concurso destinado á sensibilización e formación de nenas e nenos de 1º de primaria, etapa educativa idónea para traballar a coeducación, a igualdade de oportunidades entre xéneros, e a prevención de condutas violentas, xa que as nenas e nenos están conformando a súa identidade de xénero.

Os obxectivos específicos que os nenos tiñan que traballar nas aulas, foron:

  • romper os estereotipos de xénero no ámbito familiar;
  • fomentar a corresponsabilidade na familia;
  • aceptar os distintos tipos de familia;
  • coñecer a distintas personaxes ficticias e reais que non corresponden aos estereotipos de xénero;
  • expresar e identificar emocións e sentimentos.

A convocatoria resultou un éxito xa que todolos centros públicos do concello participaron: 250 nenos  traballaron na igualdade e na non violencia.

Grazas os equipos directivos,  profesorado, nenos e nenas dos colexios:

  • CEIP Isaac Diaz Pardo
  • CEIP Ria do Burgo
  • CEIP Sofía CAsanova
  • CEIP Tarrío

O luns faremos público a resolución do xurado

Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s