CONCILIACIÓN LABORAL E FAMILIAR: CAMPAMENTOS DE NADAL

Co dobre obxectivo de conciliar vida laboral e familiar, e de proporcionar unha alternativa de lecer aos escolares durante todo o seu período vacacional, o  Concello de Culleredo renova a programación do Nadal para os máis pequenos. Por primeira vez, terán lugar campamentos urbanos no Burgo, no Edificio de Servizos Múltiples.

Os campamentos celebraranse desde o 22 ao 5 de xaneiro, fóra dos fins de semana. Poderán apuntarse nenos de 3 a 12 anos de idade, tendo preferencia os empadroados no municipio de Culleredo.

A actividade poderá abarcar oito horas e media de cada mañá, co que se proporcionará unha atención aos nenos mentres os pais desempeñan as súas obrigacións laborais. Así, os campamentos en si teñen lugar de 9.00 a 14.00 horas, pero pódese optar ao almorzo, de 7.30 a 9.00 horas, e á comida, de 14.00 a 16.00 horas.

O programa de actividades estará guiado polo “Tren do Nadal”, que será o fío condutor que leve aos pequenos a diferentes partes do mundo, observando as maneiras diferentes de celebrar as festas. As dinámicas, cunha metodoloxía lúdica, educativa e activa, abarcarán desde a promoción artística aos deportes, talleres, actividades de educación en valores, de promoción de hábitos saudables, de fomento da igualdade, ambientais, intergeneracionales, saídas e festas.

O prazo de preinscrición nos campamentos está aberto até o venres 25 de novembro. Para formalizala deben entregar o correspondente boletín na Concellaría de Cultura, sita no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, apunta que cos novos campamentos o Concello quere ofrecer unha alternativa educativa e de lecer a que os pequenos pasen boa parte das vacacións en casa.
Estas entrada foi publicada en NOVAS, RECURSOS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s