A Rede de acollemento para mulleres vítimas de violencia ten este ano unha ocupación media do 63%

A ocupación media da rede de acollemento de Galicia para mulleres vítimas de violencia de xénero nos tres primeiros trimestres deste ano sitúase no 63%.

A infraestrutura para recibir e atender ás mulleres maltratadas e aos seus fillos e fillas está composta por cinco centros na Coruña, Culleredo, Ferrol, Lugo e Ourense  e mailo Centro de Emerxencias en Vigo, que no seu conxunto ofrecen 97 prazas.

No que vai de xaneiro a setembro, un total de 88 mulleres e 67 menores –fillos e fillas das vítimas- en supostos de risco e indefensión estiveron residindo temporalmente nestes centros, nos que se ofrecen os recursos axeitados para a reorientación da situación persoal e emocional, con medidas de apoio psicolóxico, educativo, sociolaboral e xurídico.

Esta rede de acollemento supón para as vítimas un espazo de protección ante a situación de indefensión ou risco causada pola violencia de xénero e garante un tratamento integral de atención e recuperación para favorecer a normalización e a superación dos efectos da violencia.

Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s