O CIM de Culleredo convidado no I Encontro Atalanta

O programa Woman Emprende deu este venres o primeiro paso para a formación dunha rede de traballo e colaboración entre mulleres pertencentes a diferentes eidos, coa organización do primeiro Encontro Atalanta. Esta xuntanza, incluída nas actividades de Innovatia 8.3, desenvolveuse na Facultade de Matemáticas coa participación de profesionais dos máis variados ámbitos.

A xerenta da USC, María Lourdes Batán, presidiu a inauguración á que tamén asistían a directora de Woman Emprende, Eva López; a vicedecana da Facultade de Matemáticas, María Elena Vázquez; e Olga Pizarro, do Centro de Estudos Empresariais da Muller da Universidade do desenvolvemento de Chile, que abriu a quenda de intervencións.

Atalanta contempla o debate do emprendemento en tres perspectivas converxentes como son a experiencia de mulleres en grandes empresas, o emprendemento como actitude ante a vida e a xénese dos proxectos empresariais que comezan.

Logo da conferencia de Olga Pizarro o programa continuou con breves intervencións de expertas da USC, da Asociación Galega da Empresa Familiar, de Jealsa – Rianxeira, da Asociación de Executivas de Galicia, de Ellas 2.0., de Exquisitec.es, de Personaswip, das Remeiras de Galicia, de VIGALICIA e SOLCOM, de AMBAR, de Litterate Soluciones Lingüísticas, da Cestería contemporánea Idoia Cuesta, de Valora, Cafi, Deroceras, Biostat, Xuntos e de The Interactive Cell.

Todas elas falaron, en base á súa propia experiencia, de cuestións como o papel da muller na empresa familiar, o movemento asociativo para executivas, os negocios en internet, o concepto ‘wip’, a diversidade funcional, a xénese dos proxectos emprendedores ou a innovación nas aulas, entre outras.

Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s