O 1 de xaneiro entra en vigor o decreto que intenta equiparar os dereitos das traballadoras domésticas co resto das traballadoras e traballadores.

O pasado 19 de novembro entraba en vigor o decreto-lei que moderniza a relación laboral do servizo no fogar familiar que até o de agora rexíase por unha lei que se remontaba ao 1985.

O cambio normativo entrará en vigor o 1 de xaneiro do 2012 e dáse un prazo de seis meses naturais para que as empregadas e as persoas titulares de fogares familiares ( denominación que reciben quén contrata este servizo) poidan adaptarse á nova situación co que a integración será plena a partir do 1 de xullo de 2012.

O Decreto aprobado non supón a aplicación do Estatuto dos/as Traballadores/as do fogar. As condicións siguen sendo inferiores, máis supón un paso adiante cara o recoñecemento dos dereitos ao traballo doméstico asalariado.

Obrigas novas como a esixencias de poñer por escrito as condicións do contrato, o dereito ao salario mínimo interprofesional anual, o descanso semanal ininterrumpido, a retribución de todas as horas a disposición do empregador son un avance na equiparación de dereitos co resto das traballadoras e traballadores.

Polo de agora, non se contempla que estas empregadas vaian a ter dereito a cobrar paro. Tamén desaparece a traballadora discontinua responsable da súa alta na Seguridade Social, que era unha vía de regularización das traballadoras imigrantes, e que ten que compensarse cun cambio na Lei de Estranxería que impida ás traballadoras a verse condeadas a permanecer na economía sumerxida.

O emprego doméstico que coñecemos hoxe en día con xornadas de 14 e 16 horas diarias para as internas, ausencia de descando, salarios por debaixo do mínimo, traballadoras sen papeis….. provee de servizos de baixo custe a unha sociedade organizada de espaldas ás necesidades de coidado, en especial das persoas que non se valen por sí mesmas.

O coidado ten que resolverse doutra maneira. O reparto de todas as responsabilidades entre quen convive, unha organización dos tempos que teña en conta o traballo retribuido e o non retribuido, aumento da cantidade e calidade dos servizos, un urbanismo que promova a autonomía das persoas, terían como consecuencia que o emprego doméstico fose unha realidade distinta.

Menos horas, mellor pagadas, emprego con todos os dereitos.

Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s