Os traballadores incluídos no Sistema Especial para Empregados de Fogar terán dereito ás prestacións da Seguridade Social nos termos e condicións establecidos no Réxime Xeral da Seguridade Social, coas seguintes peculiaridades:
- Amplíase o período de prestación por incapacidade temporal en caso de enfermidade común ou accidente non laboral, iniciándose a partir do noveno día da baixa, estando a cargo do empleador o abono da prestación desde o día cuarto ao oitavo, ambos inclusive.
- Tense dereito á incapacidade temporal por accidentes de traballo e enfermidade profesional. O subsidio será o 75 por cento da base reguladora e cobrarase desde o día seguinte ao da baixa. No entanto, a partir do 1 de xaneiro de 2012 e ata que sexa efectiva a integración no Sistema Especial ou, como máximo, até o 30 de xuño de 2012, percibirase o subsidio desde o cuarto día da baixa, estando a cargo do empleador o abono da prestación ao traballador desde ese día até o oitavo día da baixa, ambos inclusive.
- O pago do subsidio por incapacidade temporal efectuarase directamente pola Entidade á que corresponda a súa xestión, non procedendo o pago delegado do mesmo.
- Non se ten dereito á prestación por desemprego.
Para mais información preme aquí