AGASALLOS EN IGUALDADE

A través do xogo imítanse condutas, transmítense valores, modelos de comportamentos, actitudes, etc, que van configurando a educación que reciben as nosas fillas e os nosos fillos. Sabemos que todo isto é determinante para a formación e o desenvolvemento da súa personalidade, e para a construción da súa identidade como home ou como muller na sociedade na que van vivir.

A idades moi temperás (0 a 3 anos) nenos e nenas xogan indistintamente con diversos tipos de xoguetes que pouco tempo despois uns e outras descartan por considerarlos doutro sexo, perdendo cada un deles e delas a oportunidade de aprender novas capacidades que lles favorezan a convivencia entre sexos, e as e os enriquezan como persoas. Este cambio prodúcese normalmente a partir dos 3 anos, coa incorporación na escola e coa asignación de roles e estereotipos diferenciados para nenas e nenos.

A Concellaría de Igualdade do Concello de Cuuleredo,  persegue sensibilizar á cidadanía fronte ao uso sexista que se está a facer dos xogos e dos xoguetes . Dirixímonos a axentes socializadores como a familia, a escola , os medios, as xogueterías , as superficies comerciais…, pois durante todo o ano familiares e amizades mercan xoguetes con motivo de múltiples celebracións: aniversarios, Nadal, fin de curso, etc. Ningún dos axentes socializadores citados debería etiquetar os xogos ou xoguetes, segundo o sexo da/o destinataria/o.

Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s