17 rosas e un libro

Os arqueólogos comezaron  a exhumación dos restos das mulleres coñecidas como “17 rosas” de Guillena (Sevilla), que foron fusiladas no cemiterio da localidade veciña de Gerena hai pouco máis de 74 anos por ser familiares de milicianos republicanos.

O arqueólogo Juan Luís Castro precisou que, xunto aos seus compañeiros da cooperativa Arqueocativa, traballan de forma altruísta, pola falta de financiamento público para culminar a exhumación e precisou que nun mes prevese ter concluído “este episodio que tanto dor e tristeza provocou en tanta xente”.

Os restos das 17 mulleres que se esperan localizar son Eulogia Alanís García, Ana María Fernández Ventura, Antonia Ferrer Moreno, Selecta Garzón da Hera, Selecta Fidalgo Garzón, Natividad León Hidalgo, a súa irmá Rosario, Manuela Liánez González, TrinidadLópez Cabeza, Ramona Manchón Merino e Manuela Méndez Jiménez.

Tamén se prevén atopar os restos de Ramona Navarro Ibáñez, Dolores Palacios García, Josefa Peiteado López, da súa irmá Tomasa, Ramona Puntas Lorenzo e Manuela Sánchez Gandullo.

Achegámosvos tamén unha novidade editorial para afondar nesta temática

Mulleres na guerrilla antifranquista galega, é o retrato máis completo das que combateron a ditadura no monte ou apoiaron co refuxio, víveres  ou armas aos clandestinos. Publicouse a finais do 2011 pola catedrática de didáctica da linguaxe e literatura galega, Aurora Marco, que ao longo de cinco anos estivo seguindo o rastro de 200 guerrilleiras galegas en arquivos, rexistros civís e casas particulares. Moitas delas faleceran, a outras se lles perderá a pista por completo e nos partes de guerra nin siquera aparece co seu nome completo e non era raro  que a información biográfica de rigor se lle ngaderan notas como “ a querida de” “ a amancebada con” .

Coa represión, que se xeneralizou co vitoria dos sublevados en 1939, centos de mulleres comprometidas coa guerrilla antifranquista foron asasinadas, encarceradas, torturadas, violadas, recluídas en campos de concentración; tiveron que partir cara o exilio nunha viaxe, para algunhas, sen volta ou viviron un exilio interior: A súa é a crónica das silenciadas, porque foron obxecto dunha dupla falta de memoria: por seren desafectadas ao novo réxime e pola súa condición feminina .

Froito da mesma investigación de Marco é o documental  Silenciadas, dirixido por Pablo Ces,  que acaba de ser recoñecido  cun premio no Festival Internacional de Cine de Dereitos Humáns de Santa Coloma de Gramenet.

Estas entrada foi publicada en NOVAS, OCIO coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s