175 aniversario do nacemento de ROSALIA DE CASTRO

Coa produción de Rosalía de Castro pasa algo moi curioso: o público en xeral ten unha idea equivocada da súa obra, unha concepción baseada sobre todo en tópicos que se repiten unha e outra vez, que tocan a esta autora só superficialmente, deixando ao carón lecturas máis profundas e enriquecedoras.

Para tentar difundir unha lectura distinta, neste 175 aniversario do seu nacemento, achegámosvos un espectáculo organizado polo escritor galego Anxo Angueira e o pianista Abe Rábade, que consiste nunha revisión á escritora galega en clave de jazz, fuxindo así do tópico de Rosalía como poeta chorona e branda. Ademais dos mencionados tamén participan  Guadi Galego como cantante, Jesús Santandreu no saxo tenor, Nelson Cascais ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería.

O resultado é unha fusión chea de riqueza, como se pode comprobar nesta versión musicalizada do poema «Alborada». A mestura do jazz co galego, un idioma moi parecido ao portugués, fai que o ritmo sexa moi similar ao da bossa nova. Unha verdadeira preciosidade que nos achega a Rosalía cunha lectura desenfadada e fresca.

 

 

Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s