Despois do grande exito acaído co curso Enredadas 2.0, e xa con uns coñecementos básicos na informática, presentámosvos unha nova actividade EN MODALIDADE SEMIPRESENCIAL
O vindeiro mércores 29 de febreiro iníciase un novo módulo dentro do Programa das Aulas Abertas que a Concellaría de Benestar esta vez en colaboración coa Concellaría de Igualdade desenvolve neste concello , que leva por título FORMACIÓN BÁSICA NO COIDADO INFANTIL, co fin de contribuír á formación de todas aquelas persoas que queiran traballar como coidadoras de nenos e nenas a domicilio e non teñan ningunha formación específica neste campo.
Para iso durante 40 horas 1 psicóloga e 1 pedagoga especialistas impartirán sesións presenciais combinadas con sesións titorizadas a distancia, nas que se aprenderán contidos relacionados coas etapas evolutivas do desenvolvemento infantil, coa alimentación,
hixiene e descanso, co xogo como recurso educativo ou coa seguridade e hixiene no fogar e no exterior.
Os requisitos para acceder a esta formación son:
- estar empadroado no Concello de Culleredo
- ter mais de 18 anos
- non ter ningunha titulación semellante á impartida
- estar en situación de desemprego.
O lugar onde se desenvolverá será na Casa Rosa do Burgo os mércores 29 de febreiro e 7, 14 e 21 de marzo en horario de 17.00h a 20.00h mais as titorías axustaranse ás necesidades das persoas participantes.
O prezo é de 3.10€
O prazo de inscrición é ata o 29 de febreiro na Casa Rosa do Burgo en horario de 10.00h a 13.00h e d e 17.00h a 21.00h ou no CIM de 9.00 a 14.00 hs.