RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convocan para o ano 2012 as axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero

Convocadas para o ano 2012 as axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.

A finalidade destas axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación na que corren perigo.

As solicitudes formalizaranse segundo o modelo do anexo I desta resolución, asinadas pola persoa solicitante. O formulario da solicitude así como os demais formularios normalizados referidos nas bases reguladoras e que figuran como anexos desta resolución estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.es e na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade http://www.mulleresengalicia.es

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de outubro de 2012.

A contía que poderá acadar esta axuda establécese en función das rendas e dos ingresos da solicitante da axuda en relación co indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) para o ano 2012, de acordo coas seguintes especificacións:

1.1. Se os ingresos da solicitante son iguais ou inferiores ao IPREM vixente, e ata un máximo de doce mensualidades:

a) Con carácter xeral: 600 euros/mes.

b) Cunha/un filla/o menor a cargo ou cando a vítima teña unha discapacidade ≥ 33%: 650 euros/mes.

c) Cunha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33%: 700 euros/mes.

d) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo: 700 euros/mes.

e) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33%: 800 euros/mes.

f) Cunha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 65% ou teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia: 800 euros/mes.

1.2. Se os ingresos da solicitante son superiores ao IPREM vixente e iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente, e ata un máximo de doce mensualidades:

a) Con carácter xeral: 300 euros/mes.

b) Cunha/un filla/o menor a cargo ou cando a vítima teña unha discapacidade ≥ 33%: 350 euros/mes.

c) Cunha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33%: 400 euros/mes.

d) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo: 400 euros/mes.

e) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33%: 500 euros/mes.

f) Cunha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 65% ou teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia: 500 euros/mes.

Podes descargar o documento compreto premendo aquí

INFORMACIÓN: CIM CULLEREDO TFNO 981.663922

Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s