A prohibición parece ser a primeira ocasión en que un goberno utiliza a lei para arremeter contra a industria da moda, acusada de solapar as desordes alimentarias ao idealizar a delgadez extrema. Esta norma podería ser un modelo para outros países que batallan co incremento de casos de anorexia e bulimia, particularmente entre as mulleres novas.A lexislación tamén esixe que os anunciantes informen cando as imaxes son alteradas para facer parecer máis delgada á xente
A lei, aprobada onte á noite, é patrocinada pola doutora Rachel Adato, quen compara a batalla contra as desordes alimentarias coa que se dá en contra dos cigarros. Os críticos din que o novo código debía centrarse na saúde das modelos e non no peso.
E mentras? qué pasa na vella Europa? Pois que certas mulleres que teñen éxito, modelos de rapazas, sobre todo no mundo do espectáculo, cargan coa obrigación adicional de responder a un perfil estético moi determinado. E ás veces teñen que escoitar algunha parvada.
Adele, é un fenómeno popular e un elemento estraño nun panorama musical dominado pola estética. Esta moza londiniense o que explota é a súa conmovedora voz para o soul. Tendo 19 e 21 anos asinou dous discos que a lanzaron á fama, cos que bateu marcas de vendas no Reino Unido, de permanencia nas listas de éxitos e de premios Grammy. Pero as estrelas da música pop británicas son, sobre todo, celebrities, pasto da prensa amarela. Hai demasiados focos sobre o que menos interesa dela.
Pero o currículo de Adele foi resumido así por Karl Lagerfeld, o deseñador de Chanel: “Está un pouco gorda. Pero ten unha cara bonita e unha voz divina”. É dicir, que o primeiro que pensou dela é “a little too fat”, e só en terceiro lugar que canta ben. Adele respondeu así: “Non me interesa estar fraca. Nunca quixen parecerme ás modelos de portada de revista. Represento á maioría das mulleres e estou orgullosa diso”.
Unha persoa normal que canta como os anxos? Non: en primeiro lugar unha cantante excepcional que, polo demais, encaixa nun tipo bastante estendido de muller. Que non é o das pasarelas de Chanel.
Coincidindo cos obradoiros que dende a Concellaría de Sanidade estamos realizando de Prevención de Trastornos de Conducta Alimentaria no ámbito escolar, achegámosvos información sobre ABAC (Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña).
Podes descargar o díptico premendo AQUI