O 21 de marzo é o día Mundial da Poesía

Así o proclamou a UNESCO en 1999, e así vén celebrándose desde aquela. O principal obxectivo desta acción é soster a diversidade das linguas a través da expresión poética e dar ás que están ameazadas ou minorizadas a posibilidade de expresarse nas súas respectivas comunidades. Este día tamén ten por obxecto apoiar a poesía, a volta á tradición oral dos recitais, promover o ensino da poesía, o restablecemento do diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música, a pintura… Este día convídanos a reflexionar sobre o poder da linguaxe e sobre as formas de percibir e interpretar a realidade.

En Galicia contamos cun amplo abano de opcións, desde os clásicos ata as e os poetas noveis. Homes e mulleres contemporáneas, deste tempo, que reflexionan sobre o presente a través de palabras encadeadas que xurden de mentes insomnes ou de placeres finitos: Olalla Cociña, María Lado, Lucía Aldao, Daniel Salgado, Lucía Novas, Estíbaliz Espinosa, Samuel L. París…

Comparte aqueles versos que che fan chorar, rir, sentir ou recordar. Deixámosvos un pequeno agasallo:   unha antoloxía poética galega musicada. Desfrutade premendo AQUI

 

Estas entrada foi publicada en DIA MUNDIAL coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s