RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2012, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convocan estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas

A súa finalidade é facilitarlles ás mulleres que teñan fillas ou fillos menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer.

1. Poderán solicitar as prazas obxecto desta convocatoria as mulleres que reúnan os seguintes requisitos, na data de presentación da solicitude:

a) Ter fillas ou fillos exclusivamente ao seu cargo con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos.

b) Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso de mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia ou tarxeta de réxime comunitario, segundo o caso.

c) Dispoñer dunha renda mensual que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional (SMI).

d) Non padecer ela, nin as fillas ou fillos que a acompañen, unha enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.

2. Para asistir ao programa, as mulleres beneficiarias irán acompañadas das/os súas/seus fillas/fillos menores, sempre que estas/es teñan idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos, ambos inclusive, na data de presentación da solicitude.

Podes descargar o DOG, premendo AQUI

Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s