Mulleres, vítimas dos recortes por partida dobre

Ante a cuestión de se os recentes recortes sociais poden afectar máis ás mulleres que aos homes, a resposta é AFIRMATIVA, porque o aforro  se leva a cabo a través do aumento de horas de traballo e a redución do persoal educativo, sanitario e de servizos sociais, abrumadoramente feminino. Con datos da Enquisa de Poboación Activa, para o 4º Trimestre de 2011 son case dous millóns de empregos e máis do 23% do emprego feminino: 800.000 mulleres ocupadas en Educación (case o 10% do emprego feminino) e máis dun millón en Saúde e Asistencia social  (8% e 5,2% do emprego feminino respectivamente). Aos homes afectaralles menos, xa que en educación, saúde e asistencia social son só 700.000 ocupados (7,5% do emprego masculino).

Máis aló destes efectos directos, tamén lles afectará en termos indirectos, xa que a redución da oferta de servizos sociais fai máis difícil a conciliación e, desta maneira, pon en perigo a permanencia no emprego. En España a conciliación é aínda un asunto de mulleres e estamos bastante lonxe da corresponsabilidade.

Un exemplo: o Ministerio de Educación eliminou sen parpadear os plans de aumento da oferta educativa até os 3 anos, alegando que non era educación senón conciliación.

Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s