PREMIOS AELG 2012

Este mes de maio, no  que conmemoramos o día das letras galegas, desde o CIM de Culleredo achegámosvos os Premios da Asociación de Escritores en Lingua Galega,  AELG 2012, que premian as mellores obras editadas en 2011

Destacamos  na categoría de poesía “Leopardo son”,   de Pilar Pallarés, un poemario ilustrado por Alfonso Costa e prologado por Eva Veiga,  que ve a luz da man  de Espiral Maior. Ten unha estrutura tripartita (“Femme Lazare”, “Crisálidas”, “Leopardos”).

  •  A primeira parte, consta de dez poemas  nos que se pregunta en qué consiste vivir. Vivir vida plena, non vivir como inercia. Vivir, a pesar dos desencontros, a pesar do que pesan as ausencias e necesidade e afectos, a pesar da sensación de baleiro, que vivir sempre é un conflito e só non hai esperanza cando xa non se ten fe nela, malia a dificultade que presenta a identificación co outro, pola desposesión que tal identificación pode representar.
  • Na segunda parte, a voz poética desdóbrase, fálase a si mesma, exteriorízase para se mellor comprender.  E vai ser  na terceira parte onde se recoñeza leoparda, leoparda cazando a vida, cazando o que move a vida, cazando o prohibido. Mais cómpre indicar, antes de nada, que esta terceira parte, “Leopardos”, é a de cando xa todo pasou, cando xa todo foi. É, polo tanto, a parte de cando se garda, como un segredo ou como unha pedra preciosa, a experiencia vital co outro, co ti.

Finalmente, a Asemblea Xeral de Socios e Socias decidiu outorgar o Premio Internacional da AELG:  ESCRITOR GALEGO UNIVERSAL, ao escritor JOSÉ LUIS SAMPEDRO. Concédeselle este máximo galardón para significar o alto contido ético e estético da súa obra e personalidade, que o converten nun referente na defensa da dignidade humana. Ante a imposibilidade de desprazarse a Galicia por razóns médicas, o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, deu lectura a unha carta de Sampedro, na que indicou que “a vida négame o encontro en Galicia co máis feliz motivo”, “un premio de gran significado para min: galego era o meu avó paterno, que faleceu en Betanzos; de Galicia me falaba miña avoa cando neno; únenme recordos persoais con motivo dunha estadía en Ortigueira (na Universidade Popular). Recordo así mesmo a Asociación Cultural Lóstrego en Madrid e amigos como Xosé Manuel Beiras –dos poucos que comprenderon os meus esforzos pola estructura (económica)-; e máis recentemente úneme a Galicia o meu afecto e admiración por Carlos Taibo e Manolo Rivas”. “Este premio sitúame en compañía de Gamoneda e outras nobres figuras (Mahmoud Darwish, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman e Antonio Gamoneda) que poñen de manifesto os criterios selectivos da AELG, en arte e ética, co que se subliña aínda máis esta honra.”

Estas entrada foi publicada en NOVAS, OCIO coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s