Axudas de pagamento único e indemnizacións a vítimas de violencia de xénero

O DOG publica hoxe a Resolución da convocatoria de dúas liñas de axudas para vítimas de violencia de xénero, na modalidade pagamento único e de indemnización, cunha dotación total de 345.000 euros.

A liña de pagamento único publicada hoxe conta cun presuposto de 300.000 euros e está destinada a mulleres vítimas de violencia de xénero, residentes en Galicia, que acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego. A contía destas axudas de pagamento único é equivalente a un periodo de seis meses do subsidio de desemprego, unha contía que se incrementa se concorren os factores de familiares a cargo ou menores en acollimento ou de discapacidade.

A segunda liña de axudas destinada a indemnizacións, cun orzamento de 45.000 euros, establece un pago máximo de 6.000 euros para os casos nos que se produce imcumprimento do pago da indemnización á vítima establecida mediante sentencia xudicial.

Podes descargar a Resolución publicada no DOG premendo AQUI

Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s