AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL COMO MEDIDA DE FOMENTO DA CORRESPONSABILIDADE PARA OS TRABALLADORES QUE SE ACOLLAN Á REDUCIÓN DA SÚA XORNADA DE TRABALLO

(Resolución do 4 de xuño de 2012. DOG n.º 111 do 12 de xuño de 2012) AQUI

Obxecto
Axudas aos traballadores que, entre o 1 de maio e o 31 de decembro de 2011, se acolleran a unha redución da súa xornada de traballo para o coidado dun fillo/a menor de tres anos.

Persoas beneficiarias

  • Homes traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como da Administracións públicas, organismos autónomos, entes de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario, e os socios das sociedades cooperativas, sempre que pertenzan ao réxime xeral da seguridade social, que se acollan á redución de xornada.
  • Familias monoparentais en que a persoa solicitante (home ou muller) sexa traballador/a por conta allea e se acolla á redución de xornada.

Accións subvencionables
1. As axudas concederanse aos traballadores que, entre o 1 de maio e o 31 de decembro de 2011, se atoparan en situación de redución da xornada de traballo para o coidado dun fillo ou filla menor de 3 anos. Para ser subvencionable, a redución deberá ter unha duración mínima de sesenta días naturais ininterrompidos e comprendidos no período anteriormente citado.
2. Tamén poderán acollerse a esta axuda os traballadores que, cumprindo os requisitos, adopten un/unha menor ou o/a teñan en situación de acollemento familiar, nas modalidades de acollemento familiar permanente ou acollemento familiar preadoptivo. Neste suposto, non se terá en conta a data de nacemento, pero para ter dereito á axuda non puideron transcorrer máis de tres anos dende a
data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. En calquera caso, a filla ou fillo polo que se solicita a axuda terá que ser menor de 12 anos.
3. A idade do fillo ou filla poderá ampliarse ata os 12 anos no suposto de que o/a menor padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%.
4. En ningún caso o período para o que se solicita a subvención pode coincidir co permiso por maternidade nin con calquera outro permiso, licenza ou excedencia para a mesma finalidade.

Requisitos

  • Estar inscritos nun padrón de Galicia, polo menos con un ano de antelación á presentación da solicitude.
  • Nas familias non monoparentais, o outro membro deberá ser traballador por conta allea ou autónomo e manter esa situación durante todo o período subvencionado.
  • Entenderase cumprido este requisito cando, habendo períodos non traballados, a suma destes non supere o 5% do período subvencionado.
  • Que na data da solicitude o fillo/a conviva coa persoa solicitante.

Contía das axudas

Axudas de pagamento único en función da porcentaxe de redución da xornada laboral, da súa duración e do número de fillas/os a cargo da persoa solicitante, considerándose para o seu establecemento os seguintes tramos:
● Redución de ata o 15% da xornada laboral con duración de oito meses:
1.600 € se é unha filla ou fillo a cargo
1.900 € se son dúas fillas ou fillos a cargo
2.200 € se son tres ou máis fillos ou fillas a cargo.
● Redución superior ao 15% ata o 33,33% con duración de oito meses:
2.700 € se é unha filla/o a cargo
3.000 € se son dúas fillas/os a cargo
3.300 € se son tres ou máis fillas/os a cargo
● Redución superior ao 33,33% con duración de oito meses:
3.000 € se é unha filla/o a cargo
3.300 € se son dúas fillas/os a cargo
3.600 € se son tres ou máis fillas/os a cargo

As contías reduciranse se a persoa non está contratada a xornada completa ou cando a redución de xornada se solicite por un período inferior a oito meses.

Para o cálculo da axuda teranse en conta os fillos/as menores de 12 anos.

Documentación

Preme AQUI para descargala

Lugar e prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse en calquera rexistro da Xunta de Galicia, nas oficinas de correos e por vía electrónica, ata o 13 de xullo de 2012.

Resolución

O prazo máximo de resolución e notificación das solicitudes será de catro meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, transcorrido o cal se entenderá desestimada a petición de subvención.

Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s