PROTAGONISTAS DO MES DE XULLO

Neste mes de xullo, non deixamos de achegarvos novas que teñen que ver con recoñecementos a mulleres:

María Tarsy Carballas Fernández (Taboada, Lugo, 1934), doutorada en Farmacia e licenciada en Química pola USC e doutora “Ad Honorem” do Consello Superior de Investigacións Científicas, foi designada premio María Josefa Wonenburger 2012 que outorga anualmente a Unidade de Muller e Ciencia de Galicia. A decisión adoptouse por unanimidade no trascurso da sesión plenaria celebrada en Santiago o 4 de xullo, en atención á dilatada e prolífica traxectoria da premiada, especializada na investigación edafolóxica para recuperar terreos en zonas afectadas polos incendios.

 María Tarsy Carballas recibirá o premio Maria Josefa Woneburger 2012 o vindeiro mes de setembro, nun acto que terá lugar en Santiago de Compostela, organizado pola Unidade Muller e Ciencia de Galicia.

A atleta Ana Peleteiro (Ribeira, A Coruña, 1995), convertíuse na primeira campiona do mundo júnior galega, no Mundial júnior que se celebrou no estadio Montjuic de Barcelona. A deportista do Ría de Ferrol proclamouse campiona do mundo de triple salto, tras batir o récord de España da súa categoría tres veces e pechar o concurso cunha espectacular marca de 14.17 metros, a mellor do ano en España, con independencia da categoría.

Esta medalla de ouro en triple salto sitúa a Ana Peleteiro como a terceira mellor atleta de todos os tempos en España. A progresión da atleta galega ten sido espectacular durante toda a tempada, na que progresivamente foi alargando os seus rexistros, ata convertirse na mellor do ránking nacional da tempada e auténtica esperanza do atletismo galego.

A catedrática de Filosofía do Dereito da Universidade de Santiago de Compostela Milagros Otero Parga ingresou na Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, convertíndose deste xeito na primeira académica de número na institución.

Otero Parga tamén foi a primeira e ata o de agora a única muller que ostentou o Decanato da Facultade de Dereito da USC. Está en posesión da Medalla de Prata de Galicia e da insignia de ouro da USC. É magister honoris causa da Escola Xudicial do Estado de México e ten participado como profesora invitada en numerosas universidades de Sudamérica.

Parabens!!

Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s