IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO: CAMBIA DE PAPEL

A grande maioría das persoas somos capaces de ver que o mundo está inzado de desigualdades e inxustizas. Moitas delas acontecen ao noso carón. A maioría, a unha escala aínda maior na que 1200 millóns de persoas, a maioría mulleres, viven nunha situación de pobreza extrema da que todas e todos somos partícipes. Escoitamos a miúdo que iso non vai con nós, ou que nada pode facerse.

Porén, cando nos paramos a reflexionar atopamos que as desigualdades e inxustizas tenden a estar interconectadas. Cando nos informamos, comprobamos como as medidas que pretenden “superar” unha crise no norte son as que levan alicerzando décadas a pobreza do Sur, ou que as empresas onde mercamos fan beneficios a costa da explotación de mulleres e nenas. Cando buscamos as solucións vemos que están en lugares nos que se cadra non pensaramos, como nas respostas que as mulleres do Sur dan a infinidade de problemas cada día.

Porque no día a día está a clave. En entender que a resposta non está en mirar e lamentarse senón en facer algo ao respecto. En IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO levan dende 1998 facendo moito ao respecto. Dende Galicia, con transparencia e participación. Axudando a reflexionar, a informar, a actuar. A CAMBIAR.

Porque da desigualdade á xustiza hai só un paso, a vontade, CAMBIA DE PAPEL! Porque todos os xestos, grandes e pequenos, son fundamentais.

CAMBIA DE PAPEL é unha campaña que busca un mínimo de 50 novas socias/os e 20 voluntarias/os para sustentar o traballo da organización e con iso afianzar un cambio de imaxes e actitudes da cidadanía do Norte que axude a poñer en marcha alianzas coa cidadanía e en particular coas mulleres do Sur para a superación da inxustiza planetaria da que todas e todos facemos parte.

Esta que vos fala, é SES-María Xosé SIlvar… ou Sés é o proxecto musical da cantautora  María Xosé Silvar: ritmos americanos repensados en galego e en feminino, letras escritas a conciencia e unha actitude enérxica e independente enriba e debaixo do escenario

Píllavos cerquiña para disfrutar da súa música o próximo concerto, o sábado 11 de agosto, 20.00hs , Xardíns de Méndez Núñez.

Precaución con esta vaga de calor! Pola sombra!

Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s