Samia Yusuf Omar

O soño da pista de atletismo morreu afogado no mar. A somalí Samia Yusuf Omar, que participou co seu país nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008, xa non corre: segundo o diario italiano Corriere della Sera, morreu ao tentar completar unha desesperada viaxe en caiuco, de Libia a Italia, para deixar atrás Somalia, rota pola guerra, sumida na pobreza .

O día do desfile inaugural dos Xogos de 2008, Samia, entón con 17 anos, apareceu abríndose ao mundo cun sorriso, rodeada do branco e o azul do seu vestido. Era unha dobre liberación. A da muller e a da atleta. Como muller, eses pasos deixaban atrás as ameazas de morte, os empuxóns, as armas empregadas como argumentos para que deixase de practicar deporte e cubrise o seu corpo de velocista no medio da guerra civil que desangraba o seu país. Como atleta, eses metros do desfile, o mundo enteiro mirando, representaban a despedida momentánea do conflito armado, das estradas bloqueadas que impedían os adestramentos, do pai morto por un proxectil que atopou o seu destino dentro das paredes da súa casa, do pulso diario por conseguir algo que comer vendendo froita.

Os somalíes tradicionais cren que as mulleres que practican deporte ou ás que lles gusta a música están corruptas, contaba en 2008 á BBC, tras protagonizar un deses belos momentos máxicos que distinguen aos Xogos: a súa chegada entre aplausos (32,16s) á meta a pesar de que a gañadora da súa serie dos 200 metros fixérao en 10 segundos menos. “Por iso sufrín presión de todas partes. Algunhas mañás, atópome con rúas bloqueadas polo exército ou pola milicia, o que me impide adestrarme”, dicía.

Ninguén notou a súa ausencia en Londres 2012.

Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s