BERNARDINO GRAÑA: MEDRE O MAR

Xulio López Valcárcel , di de BERNARDINO GRAÑA, acompañando esta imaxe de Xurxo Lobato:

Poeta marítimo, entrañado na súa terra e a súa xente, “mariñeiros de Cangas, meus amigos”, Graña é solidario co pobo do que forma e sente parte. Así, abandona o individualismo sartriano dos anos cincuenta e encamíñase cara ao mar de Cangas, cara ao Sar de Compostela, que é como dicir á Galicia toda, despregando un poderoso léxico aprendido dos seus maiores. (“A miña madriña levábame dá man e íame ensinando vos nomes dous paxaros”). Poemas para recitar en voz alta, a berros se fose necesario, contra a falsidade, a hipocrisía, a mentira; e para celebrar a esperanza. Bernardino viaxeiro. Cangas, Santiago, Tarragona, Padrón, Lugo, Sao Paulo, A Coruña, Culleredo…, en permanente disposición á aventura, ao periplo incerto, a novos e inexplorados horizontes. Vivir a peito aberto, a pleno pulmón respirar o aire, sentir a salmuera, o salitre. Sen renunciar xamais ao amor, en permanente afán, pois calquera día pode ser o último.

A flor de pel, a flor de auga, Bernardino Graña escribiu algunhas das páxinas máis brillantes da poesía contemporánea, Profecía do mar, Himno verde, Sen sombra e sen amor.., sen esquecer a súa contribución dramática e narrativa, referida esta última en especial á literatura infanto-xuvenil.

Agora, chegado o outono, cos seus fríos e as súas sombras, Bernardino continúa o seu tenaz, esforzada loita, consciente de que cada día vivido é un triunfo sobre o tempo e a súa ameaza; cada xornada concluída, unha baza gañada ao imperio ominoso da morte.

O vindeiro sábado recibirá a homenaxe que merece. Ficades convidados

Estas entrada foi publicada en EVENTOS, NOVAS, POESIA coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s