TERESA PERALES

Nunha cadeira de rodas desde os 19 anos, cando unha neuropatía paralizou as súas pernas e transformou a súa vida, ligada desde entón ao cloro da piscina, Teresa Perales (Zaragoza, 1975) espreme cada instante coma se fose o último.

O desafío era maiúsculo; o seu éxito,  foi superlativo. Seis metais en seis probas. Unha colleita que engrosa unha colección extraordinaria de 22 medallas.

As mesmas que entronizan a Michael Phelps como mellor deportista olímpico da historia.

Desde o cume, non esquece aquela etapa na que o paternalismo cruzábase permanentemente no seu camiño. “Non soporto que me compadezan. Lembro cando saía á rúa e a xente  mirábame con mágoa. Agora percibo admiración. Sigo sendo a mesma de sempre. Teño unha cadeira pegada ao meu cu, pero iso non me impediu facer nada importante. Son nai. A paraplexia? Ten solución. A morte é o único irremediable. Hai que mirar adiante”

Polifacética, tamén entrou no  mundo da política nun escano autonómico polo Partido Aragonés. “Se queres que as cousas cambien, tes que formar parte do cambio ou provocalo ti mesma”, esgrime.

Foi reelixida como representante no Comité Paralímpico Internacional. “Avanzamos. Antes eramos unha secuela, refugallos. Agora temos maior recoñecemento social” Aínda que matiza: “O plan ADO está moi ben, pero, canto gaña un olímpico por un ouro? 96.000 euros. E un paralímpico? 10.000?.

Ahí queda iso. Non todo vai ser CR e a súa tristura

Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s