ONGs DEBATEN EN CULLEREDO SOBRE A TRATA

Organizado polo Centro de Información á Muller de Culleredo,  o vindeiro 25 de setembro, ás 19:00 horas, terá lugar no Pazo de Vila Melania unha charla informativa con motivo do Día internacional contra a explotación sexual e a trata de mulleres.

Na charla, que terá por título: “apoiamos ou consentimos?”, participarán distintas ONGs implicadas no apoio ás vítimas e a denuncia de prácticas abusivas. Silvia Mosquera pola Asociación Mestura, Elena Maisón por Ecos do Sur, Esther Salamo por Mosaico, Alicia Ares por Médicos do Mundo, Carmen Vázquez por ACCEM e Fátima Uzal polo CIM de Culleredo, exporán como está a situación desta problemática na nosa comarca e o que se fai desde as súas organizacións e se podería e debería facer para acabar con este atentado contra a dignidade de as persoas que o padecen.

A ONU afirma que, entre 4 e 5 millóns de persoas son vendidas anualmente vítimas de trata, o 80% para a súa explotación sexual, mentres que 700.00 mulleres e nenas son introducidas no comercio sexual. Parece que é un problema de dereitos humanos lonxano pero sen embargo o temos moi preto de nos.

ABERTO A TODA A CIDADANIA; AGARDAMOSVOS

Estas entrada foi publicada en DIA MUNDIAL, EVENTOS coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s