NON SEXAS O SEGUINTE

Dende a Concellaría de Igualdade neste mes adicado a trata,  facemosvos chegar os seguintes datos: España é o primeiro país de Europa de tránsito de mulleres vítimas de trata e o terceiro do mundo en consumo de prostitución. Un 32,1% dos homes españois recoñecen consumir sexo de pago e ao redor do 90% da prostitución consumida en Galicia está controlada por mafias. Estes son algúns dos datos que reflicten a dimensión dun negocio do que se alerta á comunidade internacional mediante a campaña Corazón Azul, promovida pola ONU.

A campaña Corazón Azul simboliza o drama das vítimas e a insensibilidade das persoas que compran e venden seres humanos e quere ser un icono internacional da loita contra a trata. Ten como obxectivo loitar contra a trata de persoas, mediante accións que promovan unha participación masiva e unha maior sensibilización social e solidariedade coas vítimas de trata. As persoas interesadas poden adherirse á campaña a través de facebook ou contactando con calquera das entidades especializadas na atención ás mulleres vítimas de explotación sexual e colaboradoras da campaña en Galicia, que son  a Asociación da Comisión Católica Española de Migración (ACCEM), Médicos do Mundo,  e a Asociación Ecos do Sur, coas que tivemos a sorte de poder contar na xornada sobre trata que se desenvolveu no noso concello  e ademais, Cáritas de Santiago e de Ourense, Adoratrices de Ourense, e Relixiosas Oblatas de Ferrol xunto coa  Asociación Faraxa.

Estas entrada foi publicada en DIA MUNDIAL coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar un comentario