Todos os días deberan ser días contra a violencia de xénero, e non só o día 25 de novembro. Podes ver imaxes da campaña deste ano premendo AQUI
As conmemoracións deben ser unha data que sirva para enfatizar que seguimos no día a día combatendo esta lacra que afecta a todas as mulleres do planeta, polo simple feito de ser mulleres.
En Culleredo levamos anos traballando por ese día da non violencia. Este mes de novembro e decembro, continuamos na campaña de sensibilización en igualdade nos centros educativos. Porque nos últimos anos, o 40% de agresores e vítimas son menores de trinta anos. Porque isto non é “cousa do pasado”, senón do presente e o será do futuro senón incorporamos a igualdade entre mulleres e homes como elemento esencial á construción democrática. Non hai mellor antídoto para prever a violencia que a educación.
O enlace da sexta da andaina contra a violencia de xénero. AQUI Minuto 5:43
GRAZAS A TOD@s os que participastedes dun ou doutro xeito nos actos que se organizaron.