O clamor contra as taxas xudiciais está a facerse ouvir en todo o territorio español, e con especial forza na área coruñesa. Á cruzada iniciada por avogados, xuíces e fiscais, únense agora vinte entidades para facer unha fronte común contra o pago da tutela xudicial efectiva e en defensa dos colectivos máis vulnerables a esta norma, como os afectados por desafiuzamentos ou as vítimas de violencia de xénero.
Precisamente, a asociación Ve-la luz foi a encargada de coordinar ese grupo reivindicativo que denuncia a implantación dunha xustiza só para ricos. “Non é verdade que as vítimas de malos tratos estean exentas do pago de taxas, porque a apertura de dilixencias é mixta, por civil e penal, e para poder divorciarse do seu maltratador, unha muller ten que pagar 300 euros“, explicou a portavoz de Ve-la luz, Gloria Vázquez, quen tamén fixo referencia aos trámites para obter a custodia dos nenos, que están fixados nun mínimo de 200 euros.
Todo iso, segundo Ve-a luz, levará a moitas vítimas a non denunciar porque non poderán acceder á xustiza. “Esa política trata de silenciar datos como que o 57% das denuncias por violencia de xénero en España son sobreseídas, o 53% dos delitos son xuízos de faltas e só o 20% das mulleres están a ser protexidas”
O Consello da Avogacía Galega, órgano superior da organización administrativa da Avogacía de Galicia que aglutina aos sete colexios de avogados de Galicia maniféstase abertamente en contra das TAXAS XUDICIAIS.
E o CIM de Culleredo TAMEN.