A UDC crea o Centro de Estudos de Xénero e Feministas

A vicerreitora de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, presentou hoxe en rolda de prensa o novo Centro de Estudos de Xénero e Feministas que vén de crear a Universidade da Coruña, xunto coa súa directora, a profesora Rosa Cobo Bedía.

Segundo explicou Cobo, a estrea deste centro serve para dar un respaldo académico a unha área de coñecemento que até agora non o tiña por tratarse dun tema multidisciplinar, que pode ser abordado desde distintas áreas.

Pola súa banda, a vicerreitora de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, destacou que este centro completa o labor desenvolvido pola Oficina de Igualdade, cuxa labor é velar pola igualdade na comunidade universitaria, sen discriminación en cuestións de xénero e número. Tamén sinalou que, por xéneros, o alumnado da UDC está equilibrado, algo que non sucede entre o persoal docente, xa que hai unha gran segregración vertical por categorías, onde as mulleres catedráticas de universidade só representan o 13 %, e o persoal docente doutor con vinculación permanente o 35 %.

Rosa Cobo foi fundadora e primeira directora do Seminario Interdisciplinar de Estudos Feministas da Universidade da Coruña entre os anos 2000 e 2003. Dirixiu o Mestrado sobre Xénero e Políticas de Igualdade da UDC de 2005 a 2008. Foi membro do equipo asesor da Unidad de Mujeres y Ciencia (UMYC), do Ministerio de Educación e Ciencia, Secretaría Xeral de Política Científica e Tecnolóxica en xuño de 2006. Así mesmo, foi asesora do Ministerio de Igualdade durante o ano 2008.

A súa liña de investigación principal é a teoría feminista e a socioloxía do xénero. Entre as numerosas publicacións destaca o libro, “Hacia una nueva política sexual”, da editorial Libros de la Catarata, 2011.

 

Estas entrada foi publicada en NOVAS, RECURSOS coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s