GRUPO DE APOIO A MULLERES COIDADORAS

A atención informal das persoas maiores en situación de dependencia defínese claramente polo factor xénero do coidador, de xeito que, como se pon de manifesto en todos os estudios, as tarefas do coidado recaen, maioritariamente, sobre as mulleres, representando o 84% do universo do coidador. Se a esto lle unimos que esa  atención  e coidados moitas veces desgasta física e psicoloxicamente a quenes coidan a diario, debemos dotar de ferramentas para mellorar a situación física e emocional destas mulleres.

Por iso, dende o Centro de Información a Muller (CIM) do Concello de Culleredo, en colaboración con Fundación Mujeres,  iniciase o 29 de xaneiro un grupo de apoio dirixido a mellorar a saúde e a calidade de vida das mulleres coidadoras non profesionais no ámbito familiar, creando un espazo de reflexión e apoio onde as persoas participantes poderán compartir experiencias e sentimentos relacionados co coidado de persoas, familiares enfermos, persoas maiores e dependentes.

A actividade terá lugar os últimos martes de cada mes en horario de 17:00 a 18:30 h, e desenvolverase no Centro Municipal de Servizos Socias de O Burgo. Este grupo de apoio  ás persoas coidadoras terá un carácter aberto, e decir, as persoas interesadas en participar poderán inscribirse ao longo de todo o ano.

Para  recibir máis información ou inscribirte neste grupo podes facelo do seguinte xeito:

  • Acudindo ao CIM (Costa da Lonxa, nº 7, baixo).
  • No teléfono 981 663 922
  • Ou ben por correo electrónico: cim@culleredo.org

cartaz coidadoras

Estas entrada foi publicada en EVENTOS, NOVAS coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s