TI TAMEN TES UNHA ESCRAVA? DEREITOS LABORAIS PARA AS EMPREGADAS DO FOGAR

Hai un ano, iniciamos dende o CIM de Culleredo as xornadas informativas sobre a  integración do  Réxime Especial da Seguridade Social das Empregadas do Fogar no  Réxime Xeral da Seguridade Social, mediante o establecemento dun Sistema Especial para @s traballador@s. Un réxime insuficiente, pois non se recoñecían prestacións básicas como o dereito ao desemprego pero que ía polo camiño da equiparación das traballadoras do fogar co resto da clase traballadora.

Máis o último Consello de Ministros,  mediante Real Decreto -Lei 29/2012, de 28 de decembro de mellora de xestión e protección social no Sistema Especial para Empregados do Fogar e outras medidas de carácter económico e social (BOE de 31 de decembro de 2012) recolle a liberación d@s empregador@s da obriga de dar de alta, baixa, comunicar as variacións  e  de cotizar polas traballadoras a tempo parcial até as 60 horas mensuais.

A partir do 1 de abril do 2013, se as dúas partes están de acordo, a responsabilidade da alta/baixa e da cotización á Seguridade Social pode traspasarse á traballadora. Neste caso será a traballadora a responsable de ingresar toda a cotización, pero a persoa empregadora ten a obriga de entregar á traballadora cada mes, xunto co salario a cota da Seguridade Social a cargo da parte empregadora.

Nestes casos os beneficios na cotización  ( reducción do 20% e do 45% no caso das familias numerosas) recoñecidos pola lexislación vixente a favor d@s empregador@s do fogar non resultarán de aplicación cando as propias empregadas  asuman o  cumprimento das obrigas sinaladas.

Co cal, coa nova regulación estanse a transferir, en determinados casos, responsabilidades que realmente competen ás persoas empregadoras .Esta medida de carácter discriminatorio voltará a incrementar a economía sumerxida no sector. Por outra parte, é unha volta atrás na insistencia de equipararmos este traballo con calquera outro traballo. En todos os traballos por conta allea sexan as horas que sexan é a persoa empregadora a que realiza alta no sistema da Seguridade Social.

dereitos laborais

Outras modificacións que contempla este Real Decreto son cambios na escala usada para determinar as bases de cotización. Redúcense a metade os de tramos de cotización polos que se determinan as bases de cotización para as  continxencias común e profesionais do sistema especial.  Na práctica, supón  un incremento automático de costes derivados destas cotizacións, centrados principalmente sobre  @s empregador@s e as traballadoras con menores salarios e xornadas de traballo máis pequenas.
 Pásase dos 15 tramos de cotización existentes no 2012 aos 8 tramos para o 2013.

A táboa cos tramos de cotización para o 2013 é a seguinte:

tramo

Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s