Os microcréditos e a loita contra a ablación

Hoxe é o día Mundial contra a ABLACION,  unha práctica que afecta ao 96% das mulleres somalís. Esta práctica realízase en moitos países de África e nalgúns países de Asia e do Oriente Medio e aínda que moitos deles prohiben esta práctica na súa lexislación, cada ano, dous millóns de nenas sofren as consecuencias da ablación xenital.

A ablación practícana comadronas que herdaron o oficio e por iso obteñen non só cuantiosos ingresos, senón tamén un importante recoñecemento social. Por esta razón, unha das actividades que se está a realizar no marco dos proxectos de prevención da ablación, é a entrega de microcréditos ás mulleres que voluntariamente queiran deixar este oficio e co préstamo comezar unha nova actividade económica. A entrega de microcréditos reforza as accións de sensibilización e información que se realizan para que pais, profesores, nenos e comadronas coñezan os efectos físicos e psicolóxicos que ten esta práctica nas nenas.

Este foi o caso de Ambaro Hersi, quen cos seus 70 anos, e despois de practicar a ablación durante 23, decidiu cambiar de oficio e cun microcrédito que lle otorgaron dende World Vision comezar un negocio de cría de cabras.

Feitos que poden cambiar moitas vidas.

ablacion e microcreditos

Estas entrada foi publicada en DIA MUNDIAL, NOVAS coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s