Achegámosvos a imaxe da presentación do libro de Teresa Alvajar, o pasado venres 8 de marzo, día da Muller, a cargo de Aurora Marco e do compañeiro historiador do Concello Carlos Pereira. Non sempre temos a oportunidade de organizar actos verdadeiramente coherentes co espíritu e cos obxectivos dos nosos proxectos, pero neste caso, a realidade superou con creces as expectativas.
Dende o CIM de Culleredo queremos darvos as grazas por participar nos actos programados para este día, e neste caso especial, por contribuírdes á recuperación da nosa identidade, da nosa historia que se nos negou e que de non ser polas persoas que traballan neste senso non teríamos a oportunidade de coñecer e de defender dereitos que nos pertencen.