Marzo chegar, tempo de enxertar… Enxertar:Introducir no tronco ou rama dunha árbore unha púa doutro, que conteña xema, para que poida brotar…
Qué vos parece se enxertamos ideas?
Tes unha idea emprendedora no rural? Non sabes por dónde comezar? Pois daquela nos vemos o próximo 20 de Marzo na Reitoral de Celas. Explicaremos como as mulleres do rural poden crear empresas na súa contorna, tendo en conta os seus talentos e as súas posibilidades.
Contaremos como convidados con:
- Mario López Guerrero: formador, coach e especialista en xestión de equipos. Falará en “DESEÑANDO A TÚA EMPRESA” do proceso de formación desta, baseándose no modelo canvas. Este é un sistema por pasos moi visual e sinxelo que parte dunha idea emprendedora e a vai desenvolvendo ata crear unha empresa sostible
- Laura Gallego Cantarero: deseñadora web e xestora de redes sociais para empresas que explicará “QUE É O QUE FAI UN NEGOCIO ÚNICO. MARCA PERSOAL E MARKETING”
- Laura González: xornalista especializada en comunicación corporativa. “A MIÑA EMPRESA EN INTERNET”, afondará nas vantaxes da comunicación dixital para as pequenas empresas tamén con exemplos reais, primeiro expoñendo o que se pode chegar a conseguir cunha páxina web, blogue, tenda online ou a presenza da marca nas redes sociais (confianza, novos clientes e máis vendas, atención e fidelización destes, proxección internacional), os baixos custos frente aos beneficios e o tempo de mantemento, así como os trucos para que nos localicen os buscadores como Google.
Veña, anímate!