O asociacionismo supón a agrupación de persoas constituídas para realizar unha actividade colectiva dunha forma estable, organizada democráticamente. Perséguese con iso a transformación da realidade a través da participación social.
É unha das canles máis eficientes para lograr mellorar o espazo público, e un medio de sumar esforzos e compartir ideais a través das respostas colectivas.
Un instrumento de participación cidadá con continuidade e proxección na sociedade.
A través da unión en colectividade das mulleres ao longo da historia conseguíronse os dereitos dos que moitas de nós gozamos hoxe en día.
Dende o CIM de Culleredo apoiaremos a todas as asociacións de mulleres xa constituidas, e a todos os grupos informais de mulleres, que realizan unha labor importantísima na dinamización do noso concello, para que se constitúan en organizacións que se poidan beneficiar de máis recursos.
Podes descargar un Estatuto Marco AQUI.