Os Consellos Sectoriais de Culleredo son órganos de participación, de natureza consultiva, informativa e asesora no ámbito municipal. A finalidade e obxectivo dos consellos sectoriais é a de facilitar a participación da cidadanía e canalizar a información das entidades asociativas nos asuntos municipais. Os acordos dos consellos sectoriais terán o carácter de informe ou petición, e non serán vinculantes para os órganos de goberno municipal.
Son funcións dos consellos sectoriais, ademais das dispostas no artigo 61 do Regulamento orgánico de participación cidadá, as seguintes:
a) Presentar iniciativas, suxestións e propostas para ser debatidas nas comisións informativas municipais correspondentes.
b) Propoñer conxuntamente solucións a problemas do sector de actividade a que se refira o correspondente consello sectorial.
c) Colaborar nos estudos e na elaboración de programas, proxectos e disposicións xerais do sector.
d) Asesorar na elaboración do programa de actuación, no seu caso, e o orzamento do sector ou área correspondente.
e) Informar ao Concello a requirimento deste.
Forman parte do Pleno do Consello:
- O/A alcalde/esa-presidente/a ou concelleiro/a en quen delegue, que será o seu presidente/a.
- Un/Unha concelleiro/a de área ou en quen delegue, no seu caso, que será o seu vicepresidente/a.
- O/A secretario/a da Corporación ou funcionario/a municipal en quen delegue.
Poderán formar parte do Pleno como vogais:
- Un/Unha representante por cada un dos grupos políticos que forman parte da Corporación.
- Un/Unha representante de cada unha das asociacións inscritas no Rexistro municipal de asociacións relacionadas co sector e con interese na materia
- Un/Unha representante por cada unha das institucións diretamente vinculadas coa área obxeto do Consello.
- Un/Unha representante da comunidade autónoma ou do Estado con competencias no sector de actividade de que se trate.
Podes descargar o Regulamento Marco dos consellos Sectoriais, premento AQUI