LEI ORGÁNICA 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes
A maior novidade desta lei radica na prevención de condutas discriminatorias e na previsión de políticas activas para facer efectivo o principio de igualdade. Tal opción implica necesariamente unha proxección do principio de igualdade sobre os diversos ámbitos do ordenamento da realidade social, cultural e artística en que se poida xerar ou perpetuar a desigualdade. De aí a consideración da dimensión transversal da igualdade, sinal de identidade do moderno dereito antidiscriminatorio, como principio fundamental deste texto.
Descárgao AQUI