GALEGA

Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia. Publicada no DOG nº72 do 13 de abril de 2007

Á vista da manifesta existencia de profundas desigualdades no acceso das mulleres de Galicia ao ámbito do traballo «remunerado», o Goberno de Galicia, consciente de que a adopción dun dereito neutro e a igualdade absoluta son produto de sociedades meritocráticas, de que a sociedade galega e os dous sexos que a conforman se caracterizan polas súas diferenzas, non polas súas similitudes, e de que non recoñecer esas diferenzas e desigualdades supón manter o sistema preexistente, avoga pola adopción de medidas de acción positiva que posibiliten desactivar os mecanismos de discriminación indirecta e debilitamento do teito de cristal.

Todo iso de cara á incorporación das mulleres e dos homes de Galicia no ámbito do emprego en clave de igualdade, o cal promoverá o crecemento económico e o desenvolvemento do tecido produtivo e facilitará un cambio estrutural que aproximará a nosa sociedade ás expectativas das sociedades democráticas do século XXI.

Con esta lei , QUE PODES DESCARGAR AQUÍ, preténdese, en desenvolvemento das competencias asumidas pola Xunta de Galicia consonte o Estatuto, dar un paso máis adiante. Así, a consecución da inserción laboral en clave de igualdade laboral convértese nun dos piares claves para facer efectivo o principio de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, xa que este é un dos ámbitos onde, ata o de agora, foi máis visible a desigualdade.

Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes. Publicada no DOG nº147 do 3 de agosto de 2004

A Comunidade Autónoma de Galicia reforza, a través desta lei, o seu compromiso na eliminación da discriminación entre mulleres e homes e na promoción da igualdade, e atribúelle a maior efectividade posible, no seu eido de competencias, ao principio constitucional de igualdade de oportunidades entre as persoas de ambos sexos, de conformidade coas obrigas impostas aos poderes públicos de Galicia no artigo 4 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia.

Podes descargala AQUI

Advertisements