O Centro de Información ás mulleres de Culleredo é un servizo para dar resposta á necesidade de información, asesoramento e apoio integral que teñen as mulleres, tanto a nivel individual como de grupo, partindo do recoñecemento de que están aínda a sufrir nesta sociedade un trato desigual respecto dos homes, cando non moitas veces discriminatorio ou de violencia de xénero
¿Qué ofrece?
- Oficina de asesoramento individual ás mulleres
- Servizo de asistencia psicolóxica á muller
- Asesoría xurídica ás mulleres
- Servizo de atención ás víctimas de violencia de xénero (SAVVIX)
- Dinamización comunitaria das mulleres de Culleredo
- Educación para a igualdade
- Arquivo de recursos en materia de igualdade de xénero
- Observatorio de igualdade de xénero e de necesidades das mulleres
- Apoio á creación e xestión de asociacións de mulleres