QUEN SOMOS

Derivado do seu propio nome, Centro de Información ás Mulleres,  fundamenta a súa actuación  na prestación de información e asesoramento integral ás mulleres partindo do recoñecemento de que  están aínda a sufrir nesta sociedade un trato desigual respecto aos homes.

Dende o CIM achégase información sobre os recursos dispoñibles encamiñados á consecución da igualdade de oportunidades para as mulleres no ámbito do concello de Culleredo e dos municipios próximos que carezan deste servizo.

Ofértase un servizo de sensibilización e divulgación comunitaria sobre a problemáticoa de xénero e a igualdade de oportunidades e foméntase a participación das propias mulleres na resolución dos seus problemas e nos espazos de tomas de decisións. Ten, tamén unha vertente asistencial persoalizada nos casos de problemáticas que requiran unha intervención profesional específica. Sen olvidar como un dos eixos máis importante no ámbito da prevención a educación para a igualdade.