MULLERES NO MUNDO

No ano 2011 aínda é moito más fácil ser home que muller en moitas partes do mundo.

Nacer muller supón en moitos casos a imposibilidade de desenvolver unha personalidade propia. Hai países nos que a muller nin sequera é un suxeito de dereito, xa que a nivel xurídico primeiro está ligada ao pai e posteriormente ao marido.

Dende o CIM de Culleredo, presentaremos reportaxes, informes, entrevistas e documentación sobre a situación das mulleres en diferentes partes do mundo, co obxectivo de dar a coñecer a realidade de todas elas, e para concienciar a poboación de que aínda queda moito por facer en materia de igualdade e especialmente no que se refire á violencia sobre as mulleres, un grave problema de difícil solución, pero non imposible.

A mellor ferramenta para combater a violencia e as desigualdades é a educación, e un primeiro paso é o coñecemento da situación.

Advertisements