SAVVIX

Servizo de atención a vítimas da violencia de xénero

É un servizo municipal de coordinación entre as áreas e institucións que deben intervir nunha situación de violencia de xénero. As mulleres vítimas de violencia de xénero atoparán:

  • Valoración, asesoramento e orientación persoalizadas.
  • Acompañamento no proceso de resolución dos problemas inmediatos que require a situación de emerxencia en colaboración  coas forzas de seguridade, sanitarias e de servizos sociais.
  • Apoio psicolóxico e social no casos que así o demanden.
  • Xestión do sistema de telealarma mediante teléfonos móbiles en situacións de emerxencia persoal.
  • Xestión de axudas económicas para mulleres vítimas de violencia de xénero.