VIVENDA TUTELADA

SERVIZO DE VIVENDA TUTELADA.

A vivenda tutelada pretende asemellarse o máis posible a un fogar para mulleres que sufriron maltrato e que por determinadas circunstancias non poden continuar a vivir na súa casa, por inexistencia desta, por seguridade ou por desexar cambiar de vida de xeito máis radical. Nela, soas ou cos seus fillos e fillas menores de idade, poden reconstruír a súa vida con calma ata atopar un novo aloxamento por si mesmas.

Este equipamento segue as directrices marcadas por:

  • O decreto 243/1995, que regula a autorización e acreditación dos Centros de Servizos Sociais.
  • A orde 1 de abril de 1997,  e pola que se regulan os requisitos específicos que deben reunir os centros de acollida para vítimas de malos tratos.

Quen pode acceder á vivenda tutelada?.

Ademais das mulleres do concello de Culleredo vítimas de maltrato, chegan mulleres de toda Galicia a través de convenios coa Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de A Coruña

Máis información.

CIM (Centro de Información á Muller). Rúa Costa da Lonxa 7, baixo.

Teléfono: 981 663 922

cim@culleredo.org